11:30
Compañía Eléctrica: Carabranca

Compañía Eléctrica: Carabranca

Carabranca é un espectáculo de narración oral pola igualdade interpretado por Iria Pinheiro, licenciada en psicopedagoxía e actriz (Premio María Casares mellor actriz e mellor texto orixinal 2019 e Premio Maruxa Villanueva á interpretación 2019) e baseado nun conto de Iván Sende. Carabranca é unha nena pirata que logra todo o que se propón, desafiando calquera perigo marítimo e terrestre. A partir do teatro de obxectos a actriz conta unha historia na que se entrelazan as aventuras co ánimo de superación e valores que fomentan a igualdade.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android