19:30
O galo Quirico e os seus amigos

O galo Quirico e os seus amigos

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 presenta esta peza de teatro de títeres de rúa nun teatriño de cartón que convida o público a participar cantando e bailando. “O Galo Quirico” é un conto da rica narración oral galega, popularizado na forma editorial por escritores como Bernardiño Graña. Ao xeito asociativo dos recitados encadeados tradicionais, o galo Quirico enfróntase a unha serie de situacións na súa viaxe á voda do burro Perico. Unha serie de números de variedades preceden e presentan a aventura do Quirico: unha cantante de cabaret ao modo de títere de variña; un traballador da vía do tren ao modo do títere de táboa; unha trapecista ao modo de títere de fíos etc..Todo acompañado de música en directo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android