17:30
Os fabulosos cleaners

Os fabulosos cleaners

Os fabulosos cleaners é un espectáculo con pompas de xabón para todos os públicos. Unha fantástica experiencia visual para participar toda a familia.

O autor alacantino Luís Beviá, que percorreu medio mundo co seu universo jabonoso (Londres, Hong-Kong, Méjico, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia, entre outros) dirije a parte técnica deste espectáculo.

Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade, as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas.

O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes dous personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android