En Epístola de Aldaolado ás Neofalantes, as poetas Lucía Aldao e María Lado válense da retranca que as caracteriza para poñer sobre a mesa unha reflexión sobre a situación actual da lingua galega e o seu futuro. Sempre dende unha perspectiva crítica e comprometida co idioma, as dúas poetas artellaron este espectáculo onde a poesía, a música e sobre todo o humor -presente na narración oral que o envolve todo- están orientados a reafirmar a nosa lingua como unha lingua moderna, síntoma de coñecemento e cultura e, sobre todo, cun moitas primaveras por diante por obra e graza das persoas neofalantes. A combinación de recital de poesía, música en directo, xogos co público e improvisación é sempre característica dos espectáculos de Aldaolado.
Nesta ocasión achégannos unha proposta delirante, na que unen emotividade e risas, e na que, dunha maneira desenfadada, se permiten rir de todo para facernos reflexionar sobre o que realmente importa. Porque ás veces lucía e María senten que están predicando no deserto, peroelas sempre din que vaia, que houbo outro antes que empezou así e á súa causa non lle foi tan mal.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar