19:00
TÁNDEM, la jornada distópica

TÁNDEM, la jornada distópica

A primeira xornada de Tándem promete ser unha noite de altas vibracións cibernéticas. Todo un carrusel tecno, onde o impacto industrial xerado por Pantis e Fotocopia será o quilómetro cero dunha xornada na que os herculinos Lefrenk e Jean Fixx prometen articular un set de altos voos. A continuación, a suma do Fillo máis Calcaria vai transportar a unha simbiose única entre synthpop e post-pop. Toda unha arcadia de praceres distópicos que terá o seu culmen na alianza que levarán a cabo Músculo! coa chelista chilena I.Ou., nunha sesión onde nos farán soñar cun desexo imposible: como soaría unha versión electrónica de My Bloody Valentine en mans da gran Juana Molina?
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android