21:30
Lidia India

Lidia India

Lidia India é unha cantora e compositora da comarca de ferrolterra. Tra-la súa estancia en Sudamérica, principalmente no Brasil, a súa música vese influenciada polo ritmos afrobrasileiros misturados coa súa raíz galega. Dende o seu retorno no 2014, colabora en diferentes proxectos da escena musical de Ferrolterra percorrendo Galicia e Portugal e dende o 2017 e cofundadora, cantante, guitarrista e percusionista da banda “Maina Materia” 

Lidia India, en formato cuarteto, presenta os temas do novo disco de Lidia India e Latexo “Nas rúas”, apostando por un repertorio cheo de frescura e que conta cun carácter único, unha mestura de estilos e músicas de raíz moi persoal . As súas letras evocan o desexo de valorar as pequenas cousas, os encontros e a ledicia de sentirnos vivas.

As composicións, de autoría propia, beben das fontes tradicionais galegas ás que se suman elementos doutras culturas, tanto musicais coma coreográficos.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android