20:00
Presentación | Un corvo en Caldaloba (María Xosé Lamas)

Presentación | Un corvo en Caldaloba (María Xosé Lamas)

Presentación | Un corvo en Caldaloba (María Xosé Lamas)

Xoves 15 de setembro | 20:00h | Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo

No acto participarán tamén Antón de Guizán (prologuista), Sófia Naseiro
(autora da capa e das ilustracións), Ana Mar Fraga (presidenta da
Asociación Cultural Caldaloba, organizadora do evento) e os poetas Xosé
Otero Canto, Pilar Maseda, Luz Airado, José Carlos Ulloa e Toño Núñez.

"Un Corvo en Caldaloba" é unha peza teatral  polivalente que se adapta a
contidos didácticos, para leitura teatralizada, para representar tanto
por grupos de teatro amador como profesionais e que conta con unhas
ilustracións inspiradas nas vestimentas da época para cada personaxe.
Promovida dende a NPG Nova Poesía Guitirica, está editada por Medulia
Editorial co apoio da plataforma para a restauración da Torre de
Caldaloba, o Instituto de Estudos Chairegos Iescha e o Concello de
Vilalba.

A traxectoria teatral de María Xosé Lamas é longa tanto como actriz como
directora de diversos grupos de Lugo e Vilalba. Autora de numerosas
obras, algunhas delas xa representadas, Ten sin embargo En Un Corvo en
Caldaloba a súa primeira obra teatral publicada, aínda que son numerosos
os seus libros de poesía e narrativa.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android