Lles Envahisseurs, banda de garage procedente de Montreal (Quebec), veñen presentando o seu 2º traballo longo «Monkey Monk» con Family Spree Recordings, tras o seu álbum de debut «Garage monkeys» de 2018 e o seu single «Do the fonz» de 2017.
11 temas de carácter claramente festivo, unha auténtica festa de garage de espírito frat, onde conviven temas máis aguerridos de inspiración punk, toques beat e ye-ye, cantados en francés, idioma que encaixa como anel ao dedo neste tipo de composicións.
E acompáñanlles Anti Mums, a banda viguesa do barrio de Teis, cuspindo punk rock macarra 100%, con algúns dos máis ilustres músicos da escena local nas súas filas.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar