21:00 hasta las 03:00
FOLIÓN DAS FACHAS 2022 | Vilelos

FOLIÓN DAS FACHAS 2022 | Vilelos

FOLIÓN DAS FACHAS 2022 | Vilelos

A parroquia de San Martiño de Vilelos, no Saviñao, presenta unha nova edición do Folión das Fachas de Vilelos, que se celebra o venres 23 de setembro coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos mantén viva unha tradición ligada nas súas orixes – castrexas- á celebración das colleitas e que chegou á actualidade como un anuncio do inicio das festas da parroquia. O Folión das Fachas celébrase na véspera. Coas fachas de agucios prendidas e con acompañamento musical, os veciños e veciñas suben en procesión desde a aldea ata a cima do castro da Besta, onde o ritual de lume e música pode ser albiscado desde as parroquias veciñas.

Vilelos é, xunto a Castelo, en Taboada, e Castro Caldelas, en Ourense,  un dos poucos lugares de Galiza onde se conserva esta manifestación cultural, explican desde a organización, na que participan diferentes xeneracións de veciños e veciñas da parroquia e na que destaca o impulso das máis novas, “moi orgullosas” da tradición herdada.

A noite iniciarase cunha pancetada popular ás 21.00 horas, que reunirá á veciñanza na Besta. O Folión comezará ás 00.00 horas, co prendido das fachas que alumearán a subida e a volta ao redor do castro, co acompañamento dos músicos da Asociación Cultural Fiadeira de Antas de Ulla. Á volta, a festa continuará cunha actuación de Comando Curuxás.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android