18:00
O MENCIÑEIRO Á FORZA (OS BALUROS)

O MENCIÑEIRO Á FORZA (OS BALUROS)

O MENCIÑEIRO Á FORZA (OS BALUROS)
Sábado 29 de outubro | 18:00h | CENTRO SOCIOCULTURAL AVELINO DÍAZ (RIOTORTO)

Comedia. Todos os públicos.
Dirección: Samarita Canto.
Duración: 100 min.

Sinopse:
Marta é a muller de Nicasio, un xornaleiro bonachón. Son un matrimonio que sempre anda á  porfía. Como ela está un pouco cansa da actitude do seu  marido, maquina unha vinganza: facerlles crer aos criados de Don Xulián do Mesón de Lea, que andan a buscar un menciñeiro para a súa filla Engracita,     que Nicasio é un dos mellorciños curandeiros que hai. Os criados levan a Nicasio pola forza a ver a  Engracita, a cal perdeu a fala non se sabe por que mal. Pero  todo é ficticio, o que pretende Engracita é que seu pai a deixe  casar co seu mozo e non con quen Don Xulián ten planeado. Ao final todo acaba ben, pero non se pode contar máis. 
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android