ESCOLA DE VAQUEIRAS (METÁTESE TEATRO) Sábado 17 de novembro | 20:00h | COLEXIO DE LOSEIRO (SARRIA) Comedia. Todos os públicos. Autoría: Metátese Teatro. Dirección: Afonso García Pernas. Duración: 65 min. Sinopse: Un grupo de homes e mulleres que desexan regresar ao rural, deciden asistir a unha academia na que se imparten clases maxistrais sobre as labores do campo, establecéndose en clave cómica un paralelismo entre o universo da aldea galega e o vello Oeste Americano. Nesta obra amósase un sorprendente universo teatral no que se reflexiona, con altas doses de humor e retranca, sobre a vida na aldea, sobre os conflitos familiares, sobre a convivencia entre veciños, sobre a igualdade nos roles…
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar