COUSAS DE MULLERES (AXÓUXERES) Sábado 15 de outubro | 20:00h | CASA DA CULTURA (O VICEDO) Comedia. A partir de 14 anos. Duración: 110 min. Dirección: Grupo de teatro Axóuxeres. Sinopse: Esta é a historia de tres mulleres, cos seus problemas, loitando contra o mundo e ata consigo mesmas, mulleres as que o destino une por unha casualidade e que, sen pretendelo, acaban convertíndose en grandes amigas. Esta obra busca elevar os ánimos con humor, xa que a unión fai a forza e non hai problema que non teña solución.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar