22:00
Dulzaro

Dulzaro

Unir vangarda e tradición é o obxectivo de Dulzaro, un proxecto que reivindica a figura de Federico García Lorca a través do seu imaxinario, combinando a súa poesía con sons modernos como samples, loops e sintetizadores electrónicos. Desta forma, conséguese xustapoñer sons contemporáneos con poemas perdidos do poeta granadino para achegalos ás novas xeracións a través dunha voz con influencias do flamenco e do fado.

Unha proposta xurdida a beiras do Pisuerga, en Valladolid, nutrida das súas raíces e o seu folclore, ao xustapoñer a tradición castelá e os seus instrumentos con sons experimentais da electrónica.

Un espectáculo onde se funde a tebra co trazo de inocencia e a melodía encantada coa canción de tacto popular, para que a poesía de Lorca conviva cos sintetizadores e violíns fronte a unha voz pura pero desgarradora.

Un proxecto musical cunha nova paisaxe sonora que bebe das influencias da música cinematográfica e zarzuela.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android