O TERAPEUTA (PICO DO CASTRO) Sábado 12 de novembro | 18:00h | CENTRO SOCIOCULTURAL DE MOSTEIRO (POL) Comedia. Público adulto. Autoría: Juan José Villarino Calvelo. Dirección: Juan José Villarino Calvelo. Duración: 60 min. Sinopse: O lugar de encontro: un consultorio psicolóxico. Os personaxes: un doutor con especialidade na psique humana e un doente cun complexo de Edipo tan grande, pero tan grande, que... ata o mesmo Edipo lle recomendaría terapia! Así as cousas, o doente irá pouco a pouco sacando ao doutor das súas casillas a pesar da súa paciencia. Neste senso, ambos personaxes disputarán o protagonismo da escena tratando, con moita intelixencia e humor, temas como a incomunicación familiar, os condicionamentos sociais, a hipocresía, a soidade e a sexualidade.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar