A TORTILLA E A PESTE (NOVA ESCENA) Sábado 19 de novembro | 19:00h | CENTRO SOCIOCULTURAL (O CORGO) Comedia con música en directo. A partir de 14 anos. Autoría: Xoán C. Laxe. Dirección: María Márquez Gacio. Duración: 90 min. Sinopse: Cinco mulleres contan a súa experiencia durante o período do confinamento. A privación de contacto, o illamento e a distancia fan que as cousas cotiás, como facer unha simple tortilla, adquiran unha dimensión diferente, converténdose no ‘‘axis mundi’’ duns personaxes ligados á realidade a través do fío da tecnoloxía.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar