A CROA DOS CHAIROS (OS TROCOS) Sábado 19 de novembro | 20:30h | CASA DA CULTURA OLGA NOVO (A POBRA DO BROLLÓN) Comedia. Todos os públicos. Autoría: Guillermo Cancelo. Dirección: Guillermo Cancelo. Duración: 75 min. Sinopse: Ano 347 dunha nova era, apenas fai dez anos do pasamento do Emperador Constantino O Grande, precursor dunha nova relixión que rexe agora no vasto Imperio Romano: o cristianismo. No noroeste da península, unha serie de pobos organizados en pequenas comunidades viven ao seu aire. Os astros, a natureza e os seus deuses, son a ponte espiritual para chegar ao máis alá ou ao máis aló, ou como eles mesmos din: desde o Seixo á porta do Alén! O mundo coñecido atópase en plena transformación, chegan novos tempos. Na Croa de Viladonga vive o pobo Chairo ao marxe dos cambios que acontecen no resto de Europa. Moi preto deles, a cidade de Lucus Augusti, de influencia romana, expande os seus dominios... o enfrontamento entre pobos e culturas é inevitable.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar