22:30
XXXII Festival de Jazz de Lugo: Javier Navas Quintet

XXXII Festival de Jazz de Lugo: Javier Navas Quintet

Tras Finally in my hands (Ambar Records, 2016) e Fresh start (autoedición, 2018), La revolución (Blue Asteroid Records, 2021) é o novo traballo discográfico de Javier Navas Quintet no que o grupo liderado por Navas segue a perfeccionar unha lingua propia, unha voz auténtica, dentro do jazz nacional. Despois de máis de sete anos compartindo escenario e xiras por toda España, Javier e os músicos Enrique Oliver, Juan Galiardo, Bori Albero e Dani Domínguez forman un poderoso quinteto cheo de enerxía e intensidade no que as composicións do primeiro brillan con luz máxica cando pasan polas mans dos seus amigos e compañeiros, os mestres que o acompañan, desenvolvendo unha linguaxe que bebe do jazz, do smooth e do neo soul.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android