22:30 hasta las 23:59
Exeria + Archivo Adxunto

Exeria + Archivo Adxunto

6€
Exeria combinan xéneros como o grunge e o britpop, dándolle un novo xiro coa súa propia fórmula, todo aderezado con letras en galego. Non contenta con isto, a banda segue abríndose a novas influencias e asimilando música que a priori queda fóra do seu radar estilístico. As raíces son importantes para calquera proxecto, e o sentimento de pertenza a un lugar e tempo concretos determina unha mirada e un xeito de crear as súas cancións.

Tras 5 anos sen escoitar nada novo deles, Archivo Adxunto preséntanse con 8 novos temas cociñados en Estudios Mafia, onde os bombos contundentes, as guitarras pesadas e o xogo de voces gaña protagonismo. Cun estilo que baila entre o punk clásico e un rock máis vangardista, xogan coas velocidades entre tema e tema, mesturando o galego e o castelán a partes iguais.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android