O LAZARILLO DO MIÑO (OS PINCHACARNEIROS) Sábado 26 de novembro | 20:00h | CASA DA CULTURA (BECERREÁ) Comedia. Todos os públicos. Autoría: adaptación libre da obra homónima e anónima “O Lazarillo de Tormes”, idea orixinal de José Colmenero, contando coa colaboración de Giovanni Peixoto e dos diferentes directores que foron pasando polo grupo. Dirección: Rubén Pérez Pombo, Giovanni Peixoto e Ángeles Fernández Mayra. Duración: 60 min. Sinopse: Esta é unha versión distinta do clásico do Lazarillo. Varios Lazarillos localizados nas terras do Miño, amosan unha realidade poboada de xentes de todo tipo, cregos nada caritativos, ricos que son máis ben mendigos, xente que se aproveita da boa fe dos demais ou persoas que loitan por ter un codelo de pan que levar á boca. Neste contexto, os diferentes lazarillos deberán tirar do seu enxeño para poder sobrevivir e non morrer de fame. E todo isto con moito humor, danza, teatro e, sobre todo, integración.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar