O CRIME DE LADY SIBILA (TEATREIRAS) Sábado 3 de decembro | 19:30h | CASA DA CULTURA (SARRIA) Comedia de enredo. Todos os públicos. Autoría: adaptación que Francisca Abeledo fixo da obra “Os crimes de Sir Arthur Saville” de Oscar Wilde. Dirección: Francisca Abeledo. Duración: 75 min. Sinopse: Lady Sibila está a punto de casar con Lord Artur. Nunha festa organizada na súa honra, pola súa extravagante amiga Lady Winder, coñece a un famoso quiromántico que lle presaxia un destino fatal logo de lerlle as liñas da man. A inxenuidade leva á xove Sibila a obsesionarse coa predicción, o que desencadeará unha serie de estrafalarias situacións e enredos de inesperado desenlace.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar