20:00
A CROA DOS CHAIROS (OS TROCOS)

A CROA DOS CHAIROS (OS TROCOS)

A CROA DOS CHAIROS (OS TROCOS)
Sábado 3 de decembro | 20:00h | CENTRO CÍVICO (XOVE)

Comedia. Todos os públicos.
Autoría: Guillermo Cancelo. 
Dirección: Guillermo Cancelo.
Duración: 75 min.

Sinopse:
Ano 347 dunha nova era, apenas fai dez anos do pasamento do Emperador Constantino O Grande, precursor dunha nova relixión que rexe agora no vasto  Imperio  Romano: o cristianismo. 
No noroeste da península, unha serie de pobos organizados en pequenas  comunidades viven ao seu aire. Os astros, a natureza e os seus deuses, son a ponte espiritual para chegar ao máis alá ou ao máis aló, ou como eles mesmos din: desde o Seixo á porta do Alén! O mundo coñecido atópase en plena transformación, chegan novos tempos. Na Croa de Viladonga vive o pobo Chairo ao marxe dos cambios que acontecen no resto de Europa. Moi preto deles, a cidade de Lucus Augusti, de influencia romana, expande os seus dominios... o enfrontamento entre pobos e culturas é inevitable.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android