A MORTE MORRIDA (O CENTIÑO) Sábado 10 de decembro | 19:00h | CENTRO SOCIAL DE CANGAS (FOZ) Comedia. Todos os públicos. Autoría: Pepe Peinó. Dirección: Pepe Peinó. Duración: 90 min. Sinopse: Crispín vén de xubilarse no banco. O tempo comeza a facérselle interminable ao non ter nada que facer. Deprímese. A súa muller, Benilde, ten que soportar o seu desánimo. Finalmente, Crispín remata convencéndose de que vai morrer. Prepara o seu enterro con todos os detalles. Nin a súa dona, nin Reigosa o seu amigo, nin o médico, nin o cura, nin a súa amiga Manolita, conseguen convencelo. Crispín quere morrer decentemente, pero de morte morrida.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar