10:00 hasta las 20:00
Carabela A Pinta

Carabela A Pinta

A Casa da Navegación de Baiona ven de poñer en marcha unha actividade para favorecer o acceso á réplica da Carabela A Pinta das persoas con limitación de movemento, consistente nunha experiencia de realidade inmersiva cunha duración máxima de 15 minutos. É posible seleccionar o idioma (galego, castelán , inglés).

No horario habitual, de martes a sábado, entre 10:00 - 13:00 horas e 16:00 - 19:00 horas.

Recoméndase reservar visita no número 986 356 688.

A actividade forma parte do proxecto EXPLORATERRA para a valorización e promoción do patrimonio cultural vencellado á I Circunnavegación e as Expedicións Marítimas Xeográficas Peninsulares. Neste proxecto participan:

Agencia Andaluza de Instituciones Culturales de la Junta de Andalucía.
Associação Portuguesa de Treino de Vela (APORVELA)
Entidade Regional de Turismo do Algarve.
Axencia Turismo de Galicia

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android