20:30
Dani Fernández

Dani Fernández

Dous anos fíxose esperar o primeiro traballo en solitario do cantante e compositor Dani Fernández, un dos artistas con maior proxección do panorama musical nacional. Despois de realizar dúas exitosas xiras por toda España, vendendo todas as entradas para os seus concertos con meses de antelación sempre, Incendios xa é unha realidade. Nomeado a mellor álbum nos 40 Music Awards xunto con Leiva, Rosalía e Manuel Carrasco. Era o momento de crear unha identidade propia que mostrase quen é el realmente, sen artificios nin acompañamentos.

Despois da separación de Auryn en 2016, Dani comezou a traballar no seu proxecto en solitario, coa axuda de artistas españois como Funambulista, Juan Ewan, Andrés Suarez, Marwan e Tato Latorre.

En decembro dese mesmo ano publicou na súa canle de Youtube unha versión de "No saben de ti" de Andrés Suárez como introdución ao estilo musical que tomaría a súa carreira.

O 30 de novembro do 2017 subiu na súa canle de Youtube unha versión acústica de "Te esperaré toda una vida", o seu primeiro sinxelo.

Entre o 2017 e 2018 Dani publicou outras versións acústicas das súas cancións, antes de que fosen incluídas no seu futuro primeiro álbum.

O 24 de maio de 2019 lanzou o seu primeiro álbum en solitario, Incendios, cun total de 10 cancións, unha colaboración e unha duración de 36 minutos. O disco foi ben aclamado pola prensa e na súa primeira semana debutou no posto número dous de vendas oficiais de discos en España
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android