TERRAS ALTAS DE TREVINCA proponvos realizar un percorrido por un dos lugares máis descoñecidos da Galiza e da Alta Sanabria: o Territorio de Trevinca e, nesta ocasión, centrándonos nun dos seus recursos naturais máis coñecidos: o cúmio de Pena Trevinca – Cima da Galiza. Debido á época do ano na que nos atopamos, ó longo do percorrido admiraremos a Natureza de Trevinca a principios do Inverno: as árbores, as prantas, o animais .... todo escomeza a prepararse para a chegada do Inverno!!. Percorrido moi interesante para fotografar paisaxes de alta montaña en Inverno. Unha actividade que estamos seguros non vai a deixarvos indiferente en moitos sentidos e estamos certos que repitades no futuro pola cantidade de sensacións novas que van espertar en Vós. Vívela connosco. Nós te guiamos.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar