Magia en la Manga presenta A igualdade non ten truco, un espectáculo que procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas. Este espectáculo xa foi representado en numerosos centros de Educación Primaria e Secundaria de toda Galicia, cunha moi boa acollida tanto das alumnas e alumnos como do equipo docente.
Da man de Sara Rodríguez e Carlos Tomico, ilusionistas profesionais implicados tamén nos estudos de feminismo e igualdade de xénero, faremos un percorrido por diferentes conceptos básicos do feminismo e igualdade de xénero, así como polas experiencias dunha maga contemporánea.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar