A cabalgata transintará polas rúas polas que ven sendo tradicional o percorrido como Montefaro, Av da Coruña, Bolaño Rivadeneira, Quiroga Ballestero e rúa da Raiña. A cabalgata sairá ás 18:00 horas e sairá dende o parque da Milagrosa para chegar ao concello onde os reises recibirán a nenas e nenos. A súa chegada ao concello está estimada para as 19:15 horas.
Na súa chegada ao concello serán as suas maxestades quenes reciban a nenas tras a lectura, na balconada do concello, do habitual escrito real.
Durante a duración de cabalgata, dende as 18:00 horas ata chegada, haberá animación diante do concello para facer máis levadeira a espera polos reis de oriente. A Cabalgata, titulada A Gran Viaxe, realizará o seu percorrido e contará con 4 carrozas e 11 espectáculos chegados a Lugo desde distintas partes do mundo.
Acompañando aos Magos, contarase con espectáculos que reflexarán a viaxe que fan desde Oriente, representando ás cousas, animais e persoas que atopan polo longo camiño, acompañados de música, danza e teatro.
Durante o desfile polas rúas de Lugo repartiranse 2.000 quilos de caramelos, e as nenas e nenos que saúden aos Magos de Oriente no Concello recollerán un dos 3.000 cornetes de lambetadas, que levarán tamén un pequeno xoguete como recordo da chegada dos Magos a Lugo.
Fuente: https://vivalugo.es/evento/cabalgata-de-reis-magos-en-lugo/
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar