20:00
Por unha Peseta

Por unha Peseta

O primeiro traballo de Apatacón: Faia Díaz (Coro Encaixe, De Vacas...) e Vero Rilo (Daboapipa, Rilo&Penadique...) achégannos unha proposta ben orixinal: Por unha peseta é un traballo onde voz narrada e cantada se achegan por menos de nada para atopar canto vale unha peseta. Historias de vida recollidas no noso entorno e no universal xúntanse nunha peza que nos achega a partes iguais ao humor, á sensibilidade e á tenrura propias da nosa xente. Por unha peseta lévanos aos tempos dos nosos devanceiros, pero dende un punto de vista actual que respecta os seus saberes, tradicións, historias e retranca. Moita retranca.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android