17:00 hasta las 20:00
FESTA DO BOTELO O BARCO DE VALDEORRAS 2023

FESTA DO BOTELO O BARCO DE VALDEORRAS 2023

A Festa do Botelo celébrase de modo interrompido desde o ano 2001, e conta coa singularidade de ser, na actualidade, unha das poucas que se celebra en Galicia para honrar este singular embutido, típico e xenuíno da comarca de Valdeorras. Esta festa reúne cada ano máis de novecentas persoas nun xantar colectivo no cal se pode degustar o botelo acompañado de cachelos con repolo e chourizos, con viño tinto do Barco, así como a sobremesa de torta de roxóns.

O botelo é un embutido no que se utiliza o estómago do animal como contedor e é o máis grande de todos eles. Ten outras denominacións como butelo ou bitelo. Malia existir unha proximidade evidente, o botelo do Barco non é exactamente o mesmo co seu parente berciano, que viría sendo máis ben o que nesta bisbarra se coñece como pigureiro.

Previamente ao xantar celébrase un acto cultural no que se dá lectura ao pregón, por parte dunha persoa representativa do mundo da comunicación, a cultura, a empresa ou a política. Nese mesmo acto faise entrega da Mención de Honra, unha distinción que se creou na cuarta Festa do Botelo para recoñecer o labor de persoas e institucións a prol do desenvolvemento, promoción e divulgación da gastronomía local e dos produtos de excelencia nos que se basea.

O valor cultural maniféstase nas distintas actividades que se levan a cabo como un acto cultural en que se dá lectura ao pregón.

+INFO
https://www.concellodobarco.gal/gl/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android