O cantante de Huelva Manuel Carrasco incluirá un concerto en Galicia na súa xira de presentación do seu novo disco "Corazón y Flecha" que terá lugar no Coliseum da Coruña o próximo 10 de xuño. Unha xira que xa está sendo un éxito antes de comezar, xa que se está esgotando en moi pouco tempo, tendo que sumar novas datas por tanta demanda. O seu novo disco "Corazón y Flecha" foi directamente ao número un de vendas en España. E é que Manuel Carrasco atópase no momento máis doce e importante de toda a súa carreira, pero mantendo fiel ao seu estilo e raíces que levou nos seus máis de vinte anos de carreira seguidos por milleiros de seguidores. Ademais, xa conseguiu acadar un disco de ouro con este novo disco e foi galardoado co Premio da Música de Ouro á traxectoria musical e o premio Ondas polo seu espectacular concerto ao remate da súa anterior xira.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar