SIMBIOSE é o novo espectáculo de Sheila Patricia con Chucho González nas voces e batería ,Gabi Reboredo na percusión galega e voces e Miriam Rodríguez nas voces.
Trátase dunha revisión de ritmos populares galegos e de outros lugares do mundo que, fusionadoscon electrónica dan lugar a un novo formato onde o ritmo e o movemento toman todo o protagonismo.
Unha mestura de cores con sabor atlántico a camiño entre o tradicional e o moderno. Sheila Patricia é unha das novas voces de Galicia, cunha especial sensibilidade e unha potente presenza do empoderamento na súa música. Filla dunha galega e dun arxentino, percibimos nas
súas composicións trazos do folclore de ambos lugares. A contínua preocupación polo seu, pola súa terra reflíctese no seu discurso artístico, recuperando o sentimento do canto popular, herdanza da súa avoa, unha das máis fortes referencias femininas de Sheila.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar