Un trepidante musical onde nenos e maiores acompañarán a Carapuchiña Vermella na gran aventura de levar á súa avoa unha cesta de picnic por un bosque cheo de sorpresas. Polo camiño, Carapuchiña aprenderá a respectar o medio ambiente e os animais, bailará e cantará, pero tamén aprenderá os perigos de ignorar os consellos da súa nai. Plácido, xornalista da vila, e o seu axudante Roi, serán os encargados de manternos informados de todo o que lle acontece á protagonista ata que chegue á casa da súa avoa. E quen sabe, quizais nesta historia apareza un lobo que quere comer Carapuchiña Vermella... Como rematará esta historia?
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar