O músico, compositor e produtor alemán comezou a tocar o piano desde moi pequeno e ao longo dos anos foi desenvolvendo un enfoque único para a música. Redefinindo como poucos o uso do piano na escena contemporánea, o artista berlinés mestura con enorme talento e elegancia composicións de corte clásico con electrónica sutil, creando unha experiencia sonora emocionante e envolvente.
Cos seus dous primeiros discos xa empezou a gañarse o favor de prensa e público, pero foi co seu terceiro disco Felt cando logrou o éxito e recoñecemento a nivel mundial. No seu último traballo Music for Animals, busca transportarnos a sons oníricos e ambientais que nos afasten do ritmo atarefado das nosas realidades cotiás e volve apreciarse a súa vontade de converterse nun refuxio para públicos que se resisten ás dinámicas de vertixe ás que nos arrastra o noso día a día acelerado.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar