13:30 hasta las 05:00
FESTA DA FILLOA DE ABELLÁ 2023

FESTA DA FILLOA DE ABELLÁ 2023

Festa gastronómica que se celebrará o sábado 18 de Marzo na parroquia de Abellá, no municipio de Frades. Os asistentes ao evento poderán degustar desde as 13.30 horas no Pavillón Polideportivo da parroquia deliciosas filloas a prezos populares, mentres gozan coa actuación musical en directo do grupo de gaitas Son dá Terriña. Tamén haberá caldo para degustar.

A partir das 17.00 horas a orquestra Barceló animará a festa e chegada a noite, ás 23.00 horas, será a discoteca móbil Chocolate a que poña música á verbena.

Durante a xornada haberá xogos para os nenos/as e sorteos.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android