20:45
Leticia Rey

Leticia Rey

Leticia Rey é unha cantautora galega que se atopa nas primeiras etapas da súa carreira artística como compositora e intérprete.

Inicia os seus estudos musicais aos 11 anos en Vila de Cruces, o seu lugar de nacemento, comezando por solfexo e piano, continuando con guitarra e harmonía, e desembocando, aos 16 anos de idade, no inevitable, a súa chamada interior e a súa vocación máis profunda: o canto. Envórcase entón en corpo e alma no estudo da voz e do canto da man do Mestre Fernando Balboa con quen estuda durante 7 anos, e con quen continúa a día de hoxe expandindo e perfeccionando a súa técnica.

Comeza a explorar entón a creación dos seus propios temas, descubrindo un camiño de crecemento e florecemento interior que a engancha cada vez máis e que sente a necesidade de compartir co mundo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android