Un político ambicioso, sen escrúpulos nin cultura, acepta o consello do seu audaz xefe de gabinete para solucionar un inminente proceso por corrupción: acoller un refuxiado na casa. En lugar dun presunto delincuente, será un home con conciencia. A esposa e a filla do político, vórtices nun fogar convulso, xogarán tamén un papel ante a opinión pública. A solidariedade, a traxedia, a crueldade e a miseria, convértense en vimbios cos que fabricar unha balsa na que fuxir da propia pobreza moral.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar