21:30
Noite Poética de abril 2023

Noite Poética de abril 2023

Vai preparando os teus versos, ou o mellor fragmento do teu libro favorito, mesmo a túa visión sobre ese tema que teima en ocupar boa parte das túas neuronas, porque é posible que precises ceibar ese pensamento, ou quizais sexa alguén de entre o público quen precise escoitar a túa reflexión; se che apetece tocarnos un tema teu (ou non) á guitarra, á frauta ou ao violín sempre serás benvid@. E non esquezamos que a Noite Poética ao longo dos anos puido desfrutar de maxia, clown, improvisación, coreografías ou mimo...cando volverá acontecer? Esta Noite é Poética, si, pero a poesía é un prisma, unha visión, un xeito de sentir, observar e vivir.

Se queres partillar connosco ou simplemente tes curiosidade, este martes ás 21.30... Noite Poética.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android