12:00 hasta las 23:59
PORTONOVO GASTRONÓMICO. FESTA DA RAIA 2023

PORTONOVO GASTRONÓMICO. FESTA DA RAIA 2023

🐙⚓️ Un tributo á cociña e produto con selo portonovés. Ese é o obxectivo de "PORTONOVO GASTRONÓMICO. FESTA DA RAIA 2023" que se celebrará o 29, 30 de abril e 1 de maio na vila mariñeira.

Máis dunha vintena de locais participarán nunha festa na que música e a animación na rúa fundiranse coas propostas gastronómicas dos locais. A rúa Rafael Picó e a Rúa dos Viños converteranse no epicentro de degustación dos distintos produtos do mar con máis de 40 tapas realizadas especialmente para a cita. Ademais, unha exposición fotográfica, "Portonovo, vila mariñeira", cun total de 60 imaxes, dará a benvida á cita ao longo da avenida Rafael Picó. A mostra está asinada pola Asociación Ollares de Portonovo

🔹O sábado, 29 de abril, pola noite, está previsto na contorna portuaria o concerto de MITIC el espectáculo
🔹O domingo, 30 de abril, á animación diúrna sumarase pola noite tres concertos en distintos puntos de Portonovo: Rafael Picó, A Curva e Praza Méndez Núñez.

Para incentivar o consumo nos establecementos repartiranse un total de 800 boletos para o sorteo de estancias en hoteis e spa no municipio entre os clientes que consuman nos locais participantes.

O broche a "Portonovo gastronómico. Festa da Raia 2023" porao a entrega da Raia de Ouro que terá lugar nos xardíns de Casa Don Fernando. 

📰Máis información➡️ https://bit.ly/FestaDaRaia2023
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android