11:30 hasta las 22:30
Xornada de Carballesa

Xornada de Carballesa

A AGG, xunto co Concello de Folgoso do Courel e a área de Cultura da
Deputación de Lugo, organizan o vindeiro domingo 30 de abril, unha xornada
sobre a CARBALLESA, que terá lugar en Seceda do Courel.
Esta idea xurdiu para intentar que non esvaeza unha das riquezas culturais
que hai na zona oeste do Concello de Folgoso do Courel.  Neste recuncho do
concello, nas parroquias de Eiriz, do Carballal, de Seceda e no veciño Val
do Incio, tocábase e bailábase unha muiñeira característica que se chama
Carballesa.
Sentimos que temos a obriga, en honor a gratitude a todos eles, de loitar
por conservar o noso; e ademáis homenaxear e lembrar aos nosos antecesores e
as súas ensinanzas.
E queremos facelo con esta xornada sobre a Carballesa, na que temos previsto
realizar un Obradoiro teórico-práctico de Carballesa, que impartirá Xabier
Iglesias, facer unha sentida homenaxe aos informantes, músicos e bailadors
da zona, e facer posteriormente un baile aberto para todos os e as
asistentes, coa participación do grupo Airiños da Freba, e rematar o día
cunha foliada.
Animámosvos a todas e a todos a acompañarnos nesta xornada, a desfrutar da
nosa música e do noso baile e convidámosvos a que traiades os vosos
instrumentos, e a gozar dun marabilloso día cheo de música tradicional e a
maiores, nun entorno incomparable.
Programa Xornada de CARBALLESA
30 de abril de 2023 – Seceda do Courel
11.30 horas - Obradoiro teórico práctico de Carballesa - imparte Xabier
Iglesias.
13.30 horas – Xantar. ( Haberá unha cantina que ofrecerá xantar e bebidas a
todas as persoas que estean interesadas).
18.00 horas – Homenaxe a informantes, bailadores e músicos da zona.
19.00 horas – Baile coa actuación do grupo de música tradicional Airiños da
Freba.
           Foliada.

Inscricións para o obradoiro (*): Deberán facerse no teléfono 982 22 99 66
ou enviando un correo electrónico a   secretaria@gaiteirosgalegos.gal
indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
*O obradoiro é de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s
da AGG, e as persoas da comarca do Courel, que disporán ata o venres 21 de
abril para inscribirse, e a partir desa data, se quedan prazas dispoñibles,
cubriranse coas solicitudes por orde de chegada.
A través de actividades como esta, pretendemos non só difundir a cultura
tradicional, senón que ademais queremos fomentar este tipo de encontros, que
consideramos imprescindibles, para contribuír e potenciar a divulgación da
nosa cultura e a súa conservación.
Dende a AGG traballamos arreo para que a nosa cultura e as nosas tradicións
non caian no esquecemento e sexan un patrimonio vivo do que sentirnos
orgullosos.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android