As aldeas da memoria | Recital poético-musical O Cuartel Vello de Taboada acolle mañá sábado (18.00 horas) un recital poético e musical ao redor do libro “As aldeas da memoria”, con poemas de Baldo Ramos e fotografías de Nachok. O acto, organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa colaboración da Asociación de Mulleres A Landra, dá difusión ao poemario editado polo Servizo de Publicacións, que reflexiona, a traves da palabra e a imaxe, sobre o despoboamento das aldeas. Os autores recitan os poemas co acompañamento do músico Mano Panforreteiro, que xenera paisaxes sonoras con instrumentos musicais e obxectos sonoros. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo refroza con estas actividades a promoción e difusion dos títulos editados ou participados polo Servizo de Publicacións, apoiando a súa venda nas librarías e poñendo en valor o traballo das súas autoras e autores.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar