10:00 hasta las 14:00
BioBlitz (BioLóstrego) nas Insuas do Miño

BioBlitz (BioLóstrego) nas Insuas do Miño

Un BioBlitz (BioLóstrego) consiste nunha xornada de campo multidisciplinar co obxectivo de descubrir a maior cantidade de especies de organismos de todo tipo que habitan nun determinado lugar. O 13 de maio, de 10:00 a 14:00 disfrutaremos do Bioblitz das Insuas do Miño, en colaboración coa Sociedade Micolóxica Lucus. Comezaremos a xornada na Casa das Insuas, onde recibiremos a tódolos participantes para posteriormente achegarnos ata as Insuas do Miño en vehículos propios para facer diferentes paseos pola zona e observando as diferentes especies de flora, fauna e micobiota das Insuas. Para este evento, usaremos a plataforma iNaturalist para rexistrar tódalas especies observadas e contribuír á difusión do coñecemento científico. Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android