19:30
Solpor no Mosteiro: Carolina Rubirosa

Solpor no Mosteiro: Carolina Rubirosa

Unha das artistas con maior proxección de Galicia, compartindo escenario e traballos discográficos con artistas como Coque Malla, Miguel Ríos ou Andrés Calamaro. Gravou coa Real Filharmonía de Galicia e resultou premiada en varios certames, como Revolution Unplugged de Europa FM ou Sons Mans 2019. En 2022 foi seleccionada para representar a Galicia no Festival Liet International de Dinamarca, o Eurovisión das linguas rexionais, onde finalmente quedou en segunda posición (a mellor posición alcanzada por Galicia na historia do certame) e actuou no WTM de Londres. É autora da Canción Oficial de Promoción do Camiño de Santiago Inglés, e algunhas das súas composicións foron galardoadas e incluídas en programas de televisión nacional.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android