21:00
Destripando la historia

Destripando la historia

Pascu e Rodri reinterpretan en forma de parodia audiovisual as historias e contos máis populares baixo o nome de Destripando La Historia, unha serie de vídeos musicais que nos conta a orixe de personaxes tan populares como A Cincenta, A Bela e a Besta ou Hércules entre moitos outros. 
Contabilizan máis de 4,5 millóns de subscritores en Youtube e alcanzan case 800 millóns de reproducións na súa canle converténdose no proxecto de canción parodia en fala hispana con máis seguidores do planeta.

Pascu e Rodri, tamén autores de cómics como Os Maiores Viláns, As Auténticas Princesas ou o recente Os Heroes Máis Épicos, alcanzaron esas cifras mareantes retratando con humor, cor, música e altas doses de enxeño a orixe dos nosos personaxes preferidos.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android