20:30
SONS DE MAIO 2023 | Aulas de canto e pandeireta

SONS DE MAIO 2023 | Aulas de canto e pandeireta

Sons de maio 2023
Audicións do alumnado e profesorado da Tradescola 
Praza de San Marcos (diante da Deputación de Lugo)

22 maio 2023 | 20.30 horas
Aulas de canto e pandeireta
 
23 maio 2023 | 20.00 horas
Aulas de baile e aulas de canto e pandeireta

24 maio 2023 | 19.00 horas
Aulas de gaita e percusión

25 maio 2023 | 12.00 horas
Aulas de gaita e percusión

25 maio 2023 | 20.00 horas 
Aulas de zanfona, aulas de percusión e aulas de acordeón

_____________

Esta semana iniciouse o ciclo Sons de Maio para Francisco Fernández del Riego con actuacións diante da Deputación de Lugo das aulas de música, canto e baile tradicional da Tradescola. Aproveitando a celebración das Letras Galegas adicadas a Francisco Fernández del Riego, a Tradescola ofrecerá distintas audicións na praza de San Marcos da capital estes días .

Onte, as escolas canto e pandeireta da Tradescola foron as encargadas de facer soar os Sons de Maio na Praza de San Marcos. Hoxe martes os encargados do sons serán os alumnos e profesores de canto e pandeireta, pandeira e baile tradicional. O mércores soarán as gaitas e a percusión tradicional, e o xoves pecharemos este ciclo de audicións co alumnado de zanfona, percusións e acordeóns da Tradescola. Esta nova actividade de difusión e promoción da música, o canto e o baile tradicionais conta coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo.

Con estos concertos, a Tradescola quere sumarse ós distintos actos en homenaxe a Francisco Fernández del Riego no día das letras, e nos mesmos, poderase gozar de numeroso repertorio tradicional, interpretado polo alumnado e mestres da Tradescola, onde non faltarán gaitas, zanfonas, percusións, acordeóns, cantareiras e por suposto bailadores e bailadoras.

Un dos obxectivos da Tradescola é incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego nos distintos ámbitos da sociedade, e a través de actividades como esta, pretendemos non só difundir a cultura tradicional, senón que ademais queremos amosar esta riqueza cultural dunha maneira aberta, e na que todo o público poda participar de xeito activo, contribuíndo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.

A Tradescola realiza asiduamente numerosos actos que achegan a numeroso público a coñecer de preto o traballo que está a realizar esta escola, ofrecendo formación a todas as persoas interesadas na música e no baile tradicional tanto na cidade de Lugo, onde imparte aulas diariamente na rúa Pintor Corredoira nº 4, como no resto de comarcas da provincia a través da realización de diversas accións formativas relacionadas co ensino da música e baile tradicionais.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android