19:30
Noites do Porto: Deluxe

Noites do Porto: Deluxe

Deluxe é o luxoso apelativo artístico do músico galego Xoel López (nacido o 12 de agosto de 1977), quen comezou nisto da música formando parte de combos como Os Covers, conxunto mod, ou Elephant Band, debedor da psicodelia 60´s.
A influencia dos Beatles, Who, Small Faces ou Creation, o soul da Motown, ou o jangle pop dos Smiths é palpable nestes inicios e na súa seguinte obra, á que engadiría, puntualmente, novos sons, como jugueteos varios coa electrónica ou mesmo bossanova.

O seu proxecto como Deluxe dá inicio no selo Mushroom Pillow con Not What You Had Thought (2001), un disco gravado na Coruña con produción de López, Juan Gil e José Martínez que foi recibido con entusiasmo dentro da independencia peninsular. Mesmo o seu single III See You In London cultivou vendas entre a gran masa, ben alentada pola promoción profusa en medios de todo tipo e condición.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android