20:00
L’Éclair

L’Éclair

Os suízos L´Eclair, o guitarrista Stefan Lilov e o teclista Sebastián Bui, coñecéronse como estudantes en Xenebra e viaxaron a Londres para dedicar un ano enteiro a experimentar novos sons no seu persoal universo musical, o que lles levou a formarse como banda cun enfoque próximo ao groove e un son funk con percusións e atmosferas que nacen con sintetizadores.

A explosión enerxética que nace das presentacións en vivo de L´Eclair pódese degustar en privado nos seus tres primeiros traballos Polymood (2018), Sauropoda (2019) e un EP de nome Noshtta (2020). Un sabor psicodélico cheo de groove e progresións ao funk, e krautrock.

Creadores incansables, elevaron a súa mestría do groove e o ritmo a unha ciencia: coa vibración, os ritmos e o ambiente igualmente equilibrados de forma que manteñen unha coherencia constante. O seu último e cuarto álbum: Confusions, xerouse post pandemia, despois de encerrarse durante todo o confinamento a crear. 12 gravacións diversas, concisas e centradas.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android