21:00
MALABESTA no Auriense

MALABESTA no Auriense

MALABESTA é un becho bravo sen domesticar. Un dragón incandescente de longas farpas e cinco cabezas, e quen sabe se algunha máis. Son soños piratas navegando por mares de whisky e ron e recontando compases de blues cos dedos, entoando algunha vella canción de Tom Waits e rasgando as cordas dalgún perdido e estraño bluegrass. Malabesta é un becho con chupa de coiro, moi mala hostia e ningunhas ganas de ir durmir. Así din as lendas, e as malas línguas, que é a súa música. . Un encontro nocturno nalgunha taberna da Zona Vella de Compostela, unha conversa sobre músicas, unha promesa de xuntarse a facer algo xuntos. Admiracións mútuas e amor polas músicas vellas deron no nacemento de Malabesta, unha banda composta por 5 vellos coñecidos da escena musical galega de ben diversos estilos e cunha química artística tan incendiaria como evocadora. De Blues, de Bluegrass, de R&R, de Folk… todo para emocionarte pero tamén para poñerte a bailar. . MALABESTA son: Vituco Neira, Ismael Cabaleiro, David Regueiro, Diego de Lera e Iago Jorge. . http://linktr.ee/malabesta.gz . LINK “24 H”: https://youtu.be/ZjwL_MCvD-0 LINK 2 “Fariña doutro costal”: https://youtu.be/Wj3wr5MoXAc

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android