10:30
IV Festa da Cantarela en Paderne do Courel 2023

IV Festa da Cantarela en Paderne do Courel 2023

O día 8 de xullo imos celebrar a IV Festa da Cantarela en Paderne do Courel.

🍽 A IV Festa da Cantarela retoma anteriores edicións nun acto festivo de exaltación deste produto, do seu valor, calidade e posibilidades gastronómicas e comerciais, pero tamén da riqueza e beleza dos espazos naturais da comarca na que se atopa este cogomelo excepcional.

🥾 O programa dará comezo o sábado ás 10:30 horas cunha ruta guiada por itinerarios naturais da contorna. A saída estará guiada por membros da Sociedade Micolóxica Lucus e partirá do centro de Paderne (Aira do Quintairo).

🥳 Ás 13:00 horas farase a inauguración da festa.

🥣 Ás 13:30 horas está prevista unha degustación popular de tapas elaboradas con cantarelas a prezo económico, preparados nas casas rurais do lugar e coa colaboración do chef Héctor López do Restaurante España de Lugo.

🎶 A partir das 16:00 horas haberá unha representación de instrumentos de música de raíz con Xavier Blanco da 𝙁𝙪𝙣𝙙𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙇𝙚𝙜𝙖𝙧 para a preservación da música de raíz. E ás 17:00 horas farase un paseo ata a alvariza rehabilitada do Val Maior.

🤝 Colaboran coa celebración desta festa a área de Medio Rural, Mar e Mocidade Deputación de Lugo e o Campus Terra USC.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android