20:00
Hell Brothers

Hell Brothers

Rejhuz e Glakghs Setén son dous pequenos diaños, os fillos ni-ni de Satanás. O seu pai, canso destes dous inútiles, decidiu botalos do inferno para que aprendan a gaña-lo mal eles mesmos. 

Rejhuz, o mais grande, é un ególatra petulante que inventou un dispositivo para conseguir almas e demostrarlle ao seu pai que é un digno herdeiro. Xunto á súa irmá Glakghs, unha completa imbécil que o segue a todas partes, chegan á Terra dispostos a dominar á humanidade pero... que atoparán? Son realmente estes dous "pobres diaños" tan intelixentes como presumen?

Neste espectáculo Cirkompacto ofrécenos unha fábula moderna sobre un tema que está á orde do día: as estafas e os estafadores. Cunha moral moi clara: non te fíes de quen che quere vender a moto, coidado cos que veñen con boas palabras e queren enganarche.

Cunha posta en escena dinámica e atrevida, durante os 50 minutos de espectáculo poñen a proba a credulidade do espectador nunha viaxe trepidante cunha linguaxe que roza a televisión.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android