20:00
Espectáculo 'Encerrona' de Pepe  Viyuela

Espectáculo "Encerrona" de Pepe Viyuela

O sábado 9 de setembro, no marco do Festival Internacional de Curtametraxes de Verín Vía XIV, Pepe Viyuela ofrecerá unha función do seu aclamado espectáculo "Encerrona", que se basea en achegar ao público unha reflexión sobre o cotiá desde a perspectiva do paiaso.

"ENCERRONA" é unha reflexión sobre o cotiá desde a perspectiva do paiaso. O personaxe vive a experiencia de quedar atrapado no escenario. Cando entra en escena non sabe onde se está a meter. É un personaxe enganado que entra alí porque lle dixeron que ese é o camiño e, de súpeto, encóntrase diante dun público que o mira e parece esixirlle algo. El non ven actuar pero vese obrigado a iso. O terror que provocan as miradas dese público lévao a querer escapar, a buscar unha saída. Só hai unha, pero hai "alguén invisible" que lle impide fuxir e obrígao a permanecer no escenario, enfrontándose a eses ollos que non se apartan del.

Durante unha hora e vinte minutos, como un bufón da corte arroxado á sala do trono, véxese obrigado a actuar para o público que o observa. Está só ante o perigo e os seus únicos compañeiros de viaxe serán, a partir de agora, unha serie de obxectos cotiáns cos que intenta saír do paso: unha guitarra, unha cadeira, unha chaqueta, un xornal e unha escada. Con eles como escudo, xoga e improvisa, sofre e divírtese. Os obxectos transfórmanse nas súas mans en grandes amigos ou en terríbeis inimigos, porque esqueceu, ou quizais nunca soubo, o seu uso.

Coma un neno, enfronta por primeira vez os obxectos, para nós cotiáns, e para el absolutamente misteriosos e sorprendentes. Subir por unha escada ou pórse unha chaqueta constitúen para el tarefas case imposibles. De novo atopámonos diante dunha metáfora na que o paiaso é cada un de nós e o seu xogo non é máis que a nosa vida, estamos obrigados a existir e obrigados a actuar, non sabemos onde nos metemos e debemos seguir adiante.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android